FEDER 2007-2013
Período de Programación 2007-2013
PROGRAMA URBACT II. PROYECTO “SUITE”. Fase I y Fase II
- Concellaría responsable: Concellaría de Vivenda e Urbanismo
- Estado do proxecto: FINALIZADO
- Periodo: FASE I: Abril 2009 – Outubro 2009. FASE II: Xaneiro 2009 - Maio 2011
- Descrición do proxecto: Intercambio de experiencias e aprendizaxe entre técnicos, políticos e investigadores implicados no desenvolvemento e implantación de políticas nas cidades co obxectivo de promover a integración social a través da vivenda, consolidando unha oferta de vivenda equilibrada asequible a diferentes segmentos sociais , coa implementación de programas de integración de grupos desfavorecidos.
- Orzamento: FASE I: 25.000 € ( 80% FEDER: 20.000 €, 20% Aportación Concello de Santiago de Compostela: 5.000 €). FASE II: 111.679 € ( 80% FEDER: 89.343 €, 20% Aportación Concello de Santiago de Compostela: 22.336 €)
- Xefe de Fila do Proxecto: Santiago de Compostela.
- Socios do proxecto: Nantes, Rennes, Siemianowice, Hamburgo y Santiago de Compostela. Fase II: Santiago de Compostela, Hamburgo, Medway, Nantes, Siemianowice Slaskie, Iasi, Cracovia, Newcastle, Rennes e Tallin.
PROXECTO PARKATLANTIC
- Concellaría responsable: Concellaría de Medio Ambiente
- Estado do proxecto: FINALIZADO
- Periodo: Xaneiro 2010 – Setembro 2012.
- Descrición do proxecto: O proxecto “PARKATLANTIC” – PARQUES URBANOS ATLANTICOS ten como finalidade, capitalizar o valor dos parques urbanos atlánticos e potenciar a súa contribución ao desenvolvemento urbano sostible así como responder aos desafíos comúns do espazo de cooperación e dos socios para perfilar modelos de planificación urbana basados nos seus recursos naturais desde a perspectiva da sostenibilidade.
- Orzamento: 349.503,50 € ( 65% FEDER: 227.177,28 €, 35% Aportación Concello de Santiago de Compostela: 122.326,22 €).
- Socios do proxecto: Câmara Municipal de Porto (PT), Mairie d’ Angers (FR), Mid-West Regional Authority (IRL), Communauté d'agglomération Pau-Pyrénées (FR).
FACILITANDO SERVIZOS POR E PARA OS CIDADÁNS
- Programa Operativo de Economía Basada no Coñecemento
- Concellaría responsable: Departamento de Informática
- Estado do proxecto: FINALIZADO
- Periodo: Xaneiro 2007 – Decembro 2013.
- Descrición do proxecto: Levar a cabo actuacións de administración electrónica e de cidadáns en rede co obxectivo de potenciar a promoción da sociedade da información e o fomento do uso das novas tecnologías así como a mellora na prestación dos servizos das Administracións Públicas aos cidadáns e ás empresas, mediante a axilización dos trámites administrativos e facilitando os fluxos de información con éstes.
- Orzamento: 304.754,02 € ( 80% FEDER: 243.803,22 €, 20% Aportación Concello de Santiago de Compostela: 60.950,80 €).
URBANA NORTE
- Programa Operativo de Galicia 2007-2013
- Órgano responsable: Alcaldía
- Estado do proxecto: FINALIZADO
- Periodo: Xaneiro 2007 – Decembro 2013.
- Descrición do proxecto: A posta en marcha dunha estratexia integral de rexeneración urbana nos barrios da zona norte de Santiago para equilibralos co resto da cidade.
- Orzamento: 10.004.392 € ( 80% FEDER: 8.003.513 €, 20% Aportación Concello de Santiago de Compostela: 2.000.879 €).