FEDER 2000-2006
Período de Programación 2000-2006
PROGRAMA INTERREG III C. PROXECTO “CIDADES DE CINE”:
- Concellaría responsable: Concellaría de Turismo-Incolsa
- Estado do proxecto: FINALIZADO
- Periodo: Xullo 2003 - Xuño 2006
- Descrición do proxecto: Asociar a diversas cidades españolas e extranxeiras co obxecto de promocionar e desenvolver conxuntamente a súa producción audiovisual, ao tempo de mediar entre Administracións e productores co fin de ofrecer facilidades para a realización de obras audiovisuais nos seus respectivos territorios.
- Orzamento: 219.000 € ( 75% FEDER: 164.250 €, 25% Aportación Concello de Santiago de Compostela: 54.750 €)
- Xefe de Fila do Proxecto: Concello de Salamanca.
- Socios do proxecto: Salamanca, San Sebastián, Porto (Portugal), Venecia (Italia), Tesalónica (Grecia).
PROGRAMA INTERREG III B ESPAZO ATLÁNTICO. PROXECTO: “ATLANTE”
- Concellaría responsable: Concellaría de Turismo-Incolsa
- Estado do proxecto: FINALIZADO
- Periodo: Novembro 2003 - Decembro 2005
- Descrición do proxecto: Buscar fórmulas conxuntas entre cidades declaradas Patrimonio da Humanidade pola UNESCO que permitan un desenvolvemento económico e de servizos nos Centros Históricos, mantendo estes centros como lugares de atractivo turístico e, ao mismo tempo, como lugares que poidan ser habitados polos cidadáns.
- Orzamento: 283.000 € ( 75% FEDER: 212.250 €, 25% Aportación Concello de Santiago de Compostela: 70.750 €)
- Xefe de Fila do Proxecto: Concello de Oporto (Portugal).
- Socios do proxecto: Oporto (Portugal), Guimaraes (Portugal), Évora (Portugal), Angra do Heroísmo (Portugal), Santiago de Compostela, Lugo, Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular (Vigo).
PROGRAMA INTERREG III B ESPAZO ATLANTICO. PROXECTO “CULTUR*AT”
- Concellaría responsable: Concellaría de Cultura-Auditorio de Galicia
- Estado do proxecto: FINALIZADO
- Periodo: Xaneiro 2003 - Decembro 2005
- Descrición do proxecto: Reforzar a identidade do espazo atlántico europeo a través do seu patrimonio e cultura. Para ilo construíuse un observatorio web da cultura e o patrimonio na Rede de Cidades do Arco Atlántico.
- Orzamento: 218.048,58 € ( 72,30% FEDER: 157.654,08 €, 27,70% Aportación Concello de Santiago de Compostela: 60.394,50 €)
- Xefe de Fila do Proxecto: Concello de Avilés.
- Socios do proxecto: Burdeos (Francia), Nantes (Francia), Rennes (Francia), Cork (Irlanda), AmbiFaro. Axencia de Desenvolvemento Económico de Faro (Portugal), Instituto de Promoción e Desenvolvemento Económico da Cidade de Jeréz de la Frontera, Santiago de Compostela, TAO Sistemas de Calidad SA (Vizcaya), Avilés.
PROGRAMA INTERREG III C. PROYECTO “PAGUS”
- Concellaría responsable: Concellaría de Casco Histórico e Rehabilitación
- Estado do proxecto: FINALIZADO
- Periodo: Xaneiro 2005 - Xuño 2007
- Descrición do proxecto: Operación de marco rexional con subproxectos a nivel local. A participación do Concello de Santiago consistíu na capacitación de técnicos en Rehabilitación Urbana a través da posta en marcha dunha Aula de Rehabilitación, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela.
- Orzamento: 260.000 € ( 75% FEDER: 195.000 €, 25% Aportación Concello de Santiago de Compostela: 65.000 €)
- Xefe de Fila do Proxecto: Región Umbría (Italia).
- Socios do proxecto: Región Umbria (Italia), Santiago de Compostela, Andalucía, Región Val do Ave (Portugal), Región Este de Macedonia-Tracia (Grecia) e Malta.
PROGRAMA INTERREG III B ATLÁNTICO. PROXECTO “PARTNER”
- Concellaría responsable: Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano de Santiago de Compostela (TUSSA)
- Estado do proxecto: FINALIZADO
- Periodo: Novembro 2004 – Outubro 2007
- Descrición do proxecto: Desenvolvemento do sistema de transportes duradeiros na que participan 6 cidades que traballan conxuntamente para desenvolver as mellores conexións do transporte colectivo nos aeroportos, portos de ferry e estacións de ferrocarril de alta velocidade, dirixido para mellorar a información ao público. O obxectivo último é proporcionar as posibilidades de desprazamentos atractivos, duradeiros e fluidos aos viaxeiros do Espazo Atlántico en Europa.
- Orzamento: 75% FEDER, 25% Aportación Concello de Santiago de Compostela
- Xefe de Fila do Proxecto: Liverpool (Reino Unido).
- Socios do proxecto: Belfast (Reino Unido), Liverpool (Reino Unido), Dublín (Irlanda), La Rochelle-Rochefort (Francia) e Santiago de Compostela.
INTERREG III A: PROYECTO: “TRASLATIO I”
- Concellaría responsable: Vias e Obras
- Estado do proxecto: FINALIZADO
- Periodo: Xullo 2004 - Outubro 2005
- Descrición do proxecto: Promoción do Camiño Portugués como un itinerario cultural europeo da eurorrexión e recuperación de diversos elementos do patrimonio histórico, arquitectónico, etnográfico e cultural deste Camino. Recuperación de A Ponte de A Rocha.
- Orzamento: 72.485,42 € ( 75% FEDER: 54.364,06 €, 25% Aportación Concello de Santiago de Compostela: 18.121,36 €)