Rutas Campus Stellae: Miradoiro de Paisaxe do Pedroso

Departamento que executa: Área de Benestar Medioambiental e Servizos Básicos e Comunitarios

Obxectivo temático: OT 6

Descrición da operación:

A actuación consistirá na creación dun miradoIrO de paisaxe exterior con diferentes vectores de contemplación:

- Paisaxe natural. Contemplación do entorno.

- Observación da biodiversidade. Miraidoro de aves e outras especies, tanto diurnas como nocturnas.

- Paisaxe urbana exterior diurna. Skyline diurno.

- Paisaxe urbana exterior nocturna. Skyline nocturno.

- Miradoiro estelar.

- Miradoiro do patrimonio construido.

Co proxecto “Rutas Campus Estelae: Miradoiro de paisaxe do Pedroso” preténdese iniciar a creación dunha rede de puntos de observación de paisaxe exterior e interior da cidade, estratéxicamente ubicados e dos cales o Miradoiro de Paisaxe do Pedroso será o primeiro deles. O ámbito de actuación céntrase no Monte do Pedroso e concrétase nunha ubicación especialmente seleccionada polas súas condicións como mirador da paisaxe, desde onde é posible contemplar o carácter da cudade e o seu entorno natural desde unha posición privilexiada, tanto diurna como nocturna, momento no cal é posible tamén contemplar un ceo estrelado de certa calidade cando as condicións meteorolóxicas o permitan. 

Na operación, proxéctase a construción dunha zona miradoiro fácilmente accesible, dotada da sinaléctica e o mobiliario urbano necesarios para permitir o seu función nos diferentes vectores funcionais anteriormente descritos. A zona de miradoiro proxéctase para unha ocupación colectiva de 50 persoas, de modo que poidan acceder grupos de visitantes na realización de diferentes xornadas ou eventos dinamizadores.

Prevese a consolidación dun espazo de aparcadoiro próximo, de xeito que se facilite o acceso á súa ubicación. Do mesmo modo prevese a consolidación do camiño de acceso que será urbanizado para garantir a súa funcionalidade para os novos fluxos peonís que se van producir, así como para o acceso puntual de vehículos de servizos. Coa actuación descrita conseguirase así atraer fluxos de ciudadáns e turistas, ofreciendo un novo elemento de valor diferencial para contemplar a paisaxe exterior de Santiago de Compostela.

Estado da Operación

- Proxecto aprobado en Xunta de Goberno Local do 10 de xullo de 2023

- Obra executada pola empresa EXCAVACIONES Y CONSTRUCCIONES LAUREANO COVELO

Orzamento: 213.505 € (FEDER 80% Concello 20%)

Calendario:

Data prevista de inicio: Marzo 2023

Data prevista de finalización: Decembro 2023. Operación rematada.

Páxina web

https://mirador.santiagodecompostela.gal

Fotos