Rehabilitación enerxética de edificios de titularidade municipal

Departamento que executa: Programación e Proxección e Proxectos e Obras.

Obxectivo Temático: 4 Favorecer a transición a unha economía baixa en carbono en todos os sectores.

Descrición da operación: A operación consistirá na rehabiltiación enerxética e a implantación de enerxías renovables en edificios de titularidade municipal. As medidas a levar a cabo serán as seguientes:

1. A Redución da Demanda Enerxética

1.1 Mellora da Envolvente Térmica: Redución das perdas ou ganancias de enerxía no edificio, de modo que no verán vese reducido o fluxo de calor desde o exterior ao interior e no inverno evítase perder a calor do interior hacia o exterior, optimizando o comportamento enerxético da envolvente térmica e conseguindo reducir as demandas de enerxía para calefacción ou refrixeración. As medidas consisten en:

  • Mellorar o aislamento Térmico: Dispoñendo de paneis de aislamento térmico en fachadas, cubertas, falsos teitos e solos cando se trate de elementos horizontais sobre espazo exterior ou locais non calefactados.
  • Substituir as Carpinterías e os Vidros: De modo que se dispoñan carpinterías con rotura de puen térmico, sistemas de dobre acristalamento con cámara de aire tipo climalit, vidros cun factor solar baixo de baixa emisibidade cun tratamento que consiga reflexar gran parte da radiación solar, reducindo a carga por radiación solar poda entrar no interior do edificio. Recomendable é o emprego de caixóns de persianas con aislamento térmico incluído e persianas con lamas con aislamento no seu interior.É conveniente, así mesmo, substituír a carpintería por outras coa permeabilidade ao aire adecuada.
  • Aislar adecuadamente as zonas con Pontes Térmicas. Nas zonas onde se interrompe o aislamento e perde a súa inercia térmica, débese reforzar o aislamento (caixóns de persianas, encontros con alicerces, encontros con forxados…).

1.2 Mellora das Condicións de Ventilación do Edificio e Espazos Baixo Cuberta: Garantizando, deste modo, a calidade do aire interior.

 2. A Mellora do Rendemento das instalacións de Calefacción, Refrixeración, Auga quente Sanitaria e Iluminación :

2.1  Substituír os Equipos de Instalación de Calefacción por auga e Auga quente Sanitaria por outros de maior rendemento. Substituíndo as caldeiras por outras de alto rendemento como son as caldeiras de condensación, caldeiras de biomasa ou ben por unha bomba de calor aire-auga que intercambie calor con circuíto hidráulico, sendo máis eficiente o sistema de calefacción por solo radiante.

2.2 Substituír os Equipos de Aire Acondicionado por outros de maior rendemento. Substituíndo estes equipos por outros de menor consumo e maior eficiencia enerxética como as bombas de calor aire-aire de alta eficiencia.

2.3 Mellorar a rede de distribución de calefacción e auga quente sanitaria. Ademais de aislar as canalizacións da rede de distribución, o incorporar válvulas termostáticas nos radiadores axuda a diminuír as perdas de calor e a conseguir unhas instalacións máis eficientes .Tamén é conveniente que os equipos de regulación e control da instalación (interruptores, programadores, termóstatos)  sexan de fácil aceso e que sexan programados correctamente.

2.4 Mellorar o rendemento nas instalacións de iluminación e outro equipamento eléctrico. Substituíndo as lámpadas por outras de baixo consumo e alta eficiencia enerxética e dispoñendo de sistemas de control da iluminación. O resto de equipos de consumo eléctrico e electrodoméstico é conveniente que dispoñan de unha calificación enerxética A ou superior. É conveniente non usar o modo stand-by dos aparellos eléctricos e apagar completamente os aparellos cando non están en uso.

2.5 Establecer Sistemas de Domótica para o control dos períodos de posta en servizo acorde aos horarios de ocupación de cada zona do edificio e mellorar o mantemento das instalacións. A introdución da domótica e a automatización permitirán sacar o máximo partido e realizar unha xestión máis eficiente das instalacións térmicas do edificio, en función das condicións climáticas e da demanda.

3. A Instalación de Enerxías Renovables: A aplicación de enerxías renovables como poden ser enerxía solar térmica para a produción de auga quente ou ben enerxía solar fotovoltaica para producir electricidade, sempre que as características do edificio e das súas instalacións permitan que dita implantación sexa viable desde o punto de vista técnico e económico. De non ser así debérase optar por implantar sistemas con instalacións e equipos de alta eficiencia enerxética, de acordo ao indicado no punto anterior.

4. A Modificación nos hábitos dos usuarios: Informando e concienciando aos usuarios da importancia da programación da calefacción e da refrixeración a temperaturas que estean dentro dos parámetros de confort térmico e non supoñan aumento desproporcionado do consumo enerxético, evitando así o consumo enerxético, o aumento de emisións de CO2 e que o termóstato débese programar para a súa desconexión cando non se faga uso do edificio e manter unha temperatura agradable, podendo alcanzar un aforro de enerxía considerable.

Orzamento: 519.999,44 € (FEDER 80% CONCELLO 20%)

Calendario:

Data prevista de inicio: Xullo 2018

Data prevista de finalización: Decembro 2020

Estado de situación

- Aprobación da selección da operación dentro da Estratexia DUSI por Acordo da Xunta de Goberno Local de data 16 de febreiro de 2018.

- Adxudicación do contrato menor de asistencia técnica da Redacción de proxectos básico e de execución da actuación Rehabilitación enerxética dos edificios municipais á empresa AQUÁTICA INGENIERÍA CIVIL SL (B36962314) por importe de 18.089,50 € con data 26 de setembro de 2018.

- Adxudicación do contrato menor Servizo de certificación de eficiencia enerxética de varios edificios municipais á empresa MAGARAL INGENIERÍA SL por importe de 17.242,50 € con data 11 de xullo de 2019.

- En Licitación a Execución das obras recollidas no proxecto de rehabilitación enerxética de inmobles de titularidade municipal. Publicación do anuncio na Plataforma de Contratación do Sector Público o día 2 de xullo de 2020. Valor estimado 375.907,53 €. Data límite presentación de propostas ata o 22 de xullo de 2020.

http://www.santiagodecompostela.gal/e_santiago/contratacion.php?id=1552&...

- Acordo XGL de data 21 de setembro de 2020 Adxudicación do contrato Execución das obras recollidas no Proxecto de Rehabilitación enerxética de inmobles de titularidade municipal, a favor da empresa IAM RUMBO INSTALACIONES SL (B15448004) por importe 404.314,48 €.

- A actuación rematou en maio de 2021

Algunhas imaxes da operación:

 

Fotovoltaicos no Cersia.