Plan Especial de Accesibilidade Universal
Departamento que executa: Servizo de Planeamento e Xestión Urbanística.
Obxectivo Temático: 4 Favorecer a transición a unha economía baixa en carbono en todos os sectores.
Descrición da operación: Elaboración do Plan de Accesibilidade Universal do Concello de Santiago, integrado polas fases de información, análise, diagnose e planificación estratéxica das accións que se determinen, a acometer cunha cadencia temporal axeitada, e todo, para a consecución dos obxectivos e fins establecidos.
Dous son os ámbitos que abordará o Plan de Accesibilidade Universal: Un é a planificación de accións concretas para incorporar decididamente as condicións de accesibilidade universal aos espazos públicos e aos itinerarios que comunican e relacionan as dotacións e os equipamentos urbanos, e os diferentes edificios públicos e privados. E outra, planificar as reformas dos diferentes elementos que compoñen a rede de transporte público, con vehículos e paradas adaptados a todas as persoas.
O Plan contribúe a unha maior calidade ambiental e de vida do conxunto da poboación que reside ou que visita a cidade. Un entorno integrado require á vez planificar e programar un futuro sen barreiras. Realizarase un estudo das barreiras e obstáculos que dificultan ou impiden a mobilidade e as súas posibles solucións. Os proxectos derivados implementarán as obras e medidas concretas para a eliminación das barreiras físicas, e establecerán medidas para que calquera actuación municipal en calquera ámbito de actuación redunde na eliminación das mesmas.
O Plan, é a ferramenta para que os proxectos de obra derivados e/ou calquera outra actuación a realizar con ésta u outras finalidades conten cun marco de referencia, e para que se integren nunha estratexia política, técnica, económica e cronoloxicamente real, aceptable e asumible.
Os obxectivos específicos do Plan son:
- Constituír un instrumento de consenso, práctico e operativo para a supresión de barreiras arquitectónicas e urbanísticas.
- Servir de instrumento de divulgación, promoción e xestión da accesibilidade urbana universal e de referencia para as futuras actuacións e proxectos do Concello.
- Elaborar un diagnóstico en materia de accesibilidade e calidade dos espazos públicos e do viario para toda a poboación.
- Ofrecer criterios de actuación e deseño, por áreas, fases e prioridades.
Orzamento: 50.000 € (FEDER 80% CONCELLO 20%)
Calendario:
Data prevista de inicio: Setembro 2017
Data prevista de finalización: Decembro 2018
Estado de situación:
- Aprobación da selección da operación dentro da Estratexia DUSI por Acordo da Xunta de Goberno Local de data 18 de agosto de 2017.