Acondicionamento e Promoción da Senda Ponte de Sar - San Marcos
A operación consiste no acondicionamiento e promoción da Senda Ponte do Sar – San Marcos como activo turístico e natural de Santiago de Compostela, creando deste xeito un atractor turístico na periferia, sendo unha nova senda que se integre no produto turístico “Santiago Natural: Sendas de Santiago de Compostela”. Este produto consistente en pór en valor o atractivo natural de Santiago, integra diferentes paseos naturais accesibles andando desde o centro da cidade e orientadas a que os turistas coñezan o outro patrimonio cultural, natural e inmaterial de Santiago de Compostela.
O ámbito aproximado da operación é a senda que transcorre entre a Ponte do Sar e San Marcos.
A operación componse das seguintes actuacións:
a) Estudo de conceptualización do itinerario
b) Deseño de elementos divulgativos
c) Sinaléctica da Senda Ponte do Sar – San Marcos
d) Intervención no túnel de Teixos. Mellora estética, mellora de iluminación e do camino.
Estado da Operación
- Operación rematada en decembro de 2023
Orzamento: 66.667 €
Fotos