Novas
O Concello presentou hoxe o programa ReVive Santiago, nun acto celebrado no Auditorio de Galicia coa participación de máis dun cento de representantes do tecido veciñal e asociativo da cidade.
O Concello ven de poñer en marcha a nova web revivesantiago.gal, para facer máis clara e accesible toda a información vinculada á EDUSI, cuxas accións concretas forman parte do programa ReVive.
A Xunta de Goberno acordou hoxe remitir ao Ministerio de Facenda o proxecto "Iniciativa urbana sostible de patrimonio natural e emprego", para a súa inclusión na EDUSI e, xa que logo, o seu financiamento con fondos europeos FEDER
A Xunta de Goberno acordou hoxe solicitar a inclusión do proxecto de acondicionamento interior do Castelo da Rocha na EDUSI, inclusión que deberá tramitar o Ministerio de Facenda.
A Xunta de Goberno aprobou hoxe, nunha sesión extraordinaria, o inicio de licitación da Fase I das obras de reurbanización das rúas Patio de Madres e Castrón Douro. A actuación ten un tipo de licitación de máis dun millón e medio de euros.
A Xunta de Goberno acordou hoxe solicitar a inclusión na EDUSI do proxecto de Rehabilitación Enerxética de Edificios de Titularidade Municipal.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- seguinte ›
- última »