Novas

A Xunta de Goberno acordou este venres iniciar o procedemento de adxudicación da redacción do proxecto de reurbanización da rúa Clara Campoamor, para adecuala á súa nova función de acceso á futura estación intermodal.

O Concello presentou hoxe o programa ReVive Santiago, nun acto celebrado no Auditorio de Galicia coa participación de máis dun cento de representantes do tecido veciñal e asociativo da cidade.

O Concello ven de poñer en marcha a nova web revivesantiago.gal, para facer máis clara e accesible toda a información vinculada á EDUSI, cuxas accións concretas forman parte do programa ReVive.

A Xunta de Goberno acordou hoxe remitir ao Ministerio de Facenda o proxecto "Iniciativa urbana sostible de patrimonio natural e emprego", para a súa inclusión na EDUSI e, xa que logo, o seu financiamento con fondos europeos FEDER

A Xunta de Goberno acordou hoxe solicitar a inclusión do proxecto de acondicionamento interior do Castelo da Rocha na EDUSI, inclusión que deberá tramitar o Ministerio de Facenda.

A Xunta de Goberno aprobou hoxe, nunha sesión extraordinaria, o inicio de licitación da Fase I das obras de reurbanización das rúas Patio de Madres e Castrón Douro. A actuación ten un tipo de licitación de máis dun millón e medio de euros.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- seguinte ›
- última »