O vieiro de Clara Campoamor queda cortado ao tráfico dende mañá xoves

13/05/2020

Localización

Rúa Clara Campoamor
Clara Campoamor
España
ES
plano Clara Campoamor

Con motivo das obras de reurbanización do vieiro de Clara Campoamor, esta rúa vai quedar cortada ao tráfico a partir das 8:00 horas de mañá xoves 14 de maio e ata o remate das obras. Os desvíos estarán sinalizados de tal xeito que sexa o túnel do Hórreo o que canalice o tráfico na zona sur da cidade (Castiñeiriño) a través da SC-11, avenida de Santiago de Cuba, e tamén para a entrada ou saída dende a SC-20 – N-550.

O concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, pediu desculpas á cidadanía polas molestias que esta alteración do tráfico poida producir e recomendou aos/ás condutores/as a utilización do túnel do Hórreo e da avenida de Santiago de Cuba. Indicou que, aproveitando a diminución do tráfico con motivo do estado de alerta e da crise sanitaria, se intentarán realizar os traballos no menor tempo posible.

A obra do vieiro Clara Campoamor é unha actuación cofinanciada polo fondo europeo FEDER no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España para o período 2014-2020.