Liñas de actuación

Actuacións dirixidas a reducir o consumo enerxético mediante a rehabilitación integral enerxética de edificios, a mellora enerxética do alumeado público e o uso de enerxías renovables.

Actuacións dirixidas ao fomento do desenvolvemento do patrimonio natural e cultural en particular dirixidos ao desenvolvemento do turismo.

Actuacións dirixidas a promover a protección, fomento e desenvolvemento do patrimonio histórico, arquitectónico e cultural con especial relevancia naqueles de interese turístico.

Actuacións dirixidas a promover a protección, fomento e desenvolvemento do patrimonio natural, con especial relevancia naquelas con interese turístico.

Actuacións dirixidas a reducir as emisións de CO2 mediante o fomento da mobilidade urbana sostible (transporte urbano limpo, conexión rural/urbana, transporte ciclista, plans de mobilidade….).

Actuacións dirixidas a rehabilitar e revitalizar a cidade mellorando o entorno urbano e o seu medio ambiente.

Proponse marcar un punto de inflexión na maneira de xestionar os servizos públicos e de poñelos a disposición da cidadanía. Isto pasa por buscar unha maneira máis innovadora e eficaz de xestionar servizos; por premiar a eficacia enerxética, a recollida selectiva de residuos, ou a redución das emisións de carbono; e por establecer medidas de control e monitorización que supervisen o cumprimento dos contratos tanto para o coñecemento dos xestores públicos como da propia veciñanza.

Actuacións de rexeneración económica, física e social do entorno urbano e rural, mediante a revitalización do espazo público en especial en barrios e/ou comunidades desfavorecidas e tamén naqueles inmersos nun proceso de deterioro.

Actuacións de rexeneración económica, física e social, do entorno urbano e rural mediante a rehabilitación de vivendas, en especial, en barrios desfavorecidos e tamén naqueles inmersos nun proceso de deterioro.

Actuacións de rexeneración económica e social do entorno urbano e rural mediante a rehabilitación do tecido produtivo e comercial, en especial en barrios e/ou colectivos desfavorecidos e tamén naqueles inmersos nun proceso de deterioro.